Conferencias, charlas

Charla farmacia

O martes, día 2 de abril, o alumnado do ciclo medio de farmacia e parafarmacia do réxime modular recibiu unha interesante charla a cargo da farmacéutica da Farmacia Pérez Otero de Balaidos, situada en Vigo; quen posteriormente lles ensinou a realizar fórmulas maxistrais no laboratorio.
 
 
Charla farmacia 1 Charlal farmacia 2

Manuel Rivas no IES Chapela

O mércores 20 de marzo chegou Manuel Rivas a Chapela co son dunha buguina que nos mergullou no seu universo literario. Falounos das flores e das espiñas que conforman o que somos. Falou da súa familia, da súas vivencias de neno, e a través delas explicounos a función da literatura. Unha clase maxistral que permanecerá no recordo do alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato que asistiu ao acto organizado polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega por iniciativa do Concello de Redondela ao que ficamos agradecidas/os.

 

Manuel Rivas 2 Manuel Rivas 3
Manuel Rivas 1

Charla de VIgalicia

      O pasado luns 4 de febreiro o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do réxime ordinario e do réxime modular recibiu unha charla sobre o servizo de Asistencia Persoal por parte dun representante de VIgalicia (Oficina de Vida Independente de Galicia). Esperamos que o dereito á Asistencia Persoal se faga efectivo no noso futuro inmediato para facer posible a vida independente das persoas con diversidade funcional.

Verónica Salgueiriño no IES Chapela

 

A profesora do Departamento de Física Aplicada da UVigo, Verónica Salgueiriño Maceira ofreceu hoxe no IES Chapela a conferencia "A nanociencia en Galiza" dentro das actividades que o EDLG do instituto vén desenvolvendo para celebrar o "Día da Ciencia en Galego". Nunha conferencia dirixida ao alumnado de 2º e 3º ESO, a investigadora e profesora da UVigo falounos da actividade que desenvolve co seu grupo de investigación en torno aos materias magnéticos de escalas nanométricas, con aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas, medicinais... Verónica demostrou dabondo a importancia do traballo que está levando a cabo pero sobre todo transmitiunos tres ideas. En galego faise ciencia, como foi a súa conferencia impartida na nosa lingua. En Galicia faise ciencia, e ciencia punteira pese a que ás veces non contemos con todos os medios e inversións necesarias. As mulleres fan ciencia, e a súa invisibilidade e os escollos que teñen que superar a medida que avanzan na súa carreira profesional, docente e investigadora, deben ser derrubados. En Galicia, en galego, e unha muller, demostrounos que todo isto é posible. GRAZAS VERÓNICA!

Conferencia Xurxo Mariño

 

Os alumnos e alumnas de 4º ESO, 1º BACH, 2º BACH, 2º CM APSD, 2º CM Educación Infantil, 1º CM Farmacia e 1º CS Dietética asistiron á conferencia "As miñas linguas e eu", impartida polo científico e divulgador Xurxo Mariño. Esta conferencia está incluída dentro das actividades, que están a realizarse no instituto, para  a celebración do Día da ciencia en galego.
Xurxo Mariño Xurxo Mariño  
     

Xornada de Bioseguridade

 

Os alumnos e alumnas dos CS de Dietética e Farmacia asistiron a unhas conferencias, dentro da Xornada de Bioseguridade, que se celebran no ISSGA no marco da Programación da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. Acoden para ampliar coñecementos no eido da seguridade biolóxica nos laboratorios, así coma nas técnicas de prevención de riscos laborais en diferetes tipos de instalacións.

Riscos de Internet e as redes sociais

O pasado 20 de abril, e hoxe día 27, visitounos un membro da Policía Nacional para impartir unha charla sobre os riscos de Internet e as redes sociais. A mesma foi dirixida ao alumnado de 1º e 2º ESO e resultou de grande interese.

Charla sobre ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá

No día de onte, 22 de marzo de 2018, o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, José Benito Vázquez Dorrío, impartiu unha charla para o alumnado de ciencias de 1º e 2º Bacharelato en torno ao tema Ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá. A actividade, organizada polo Departamento de Física e Química, resultou do máis interesante para o alumnado.

Ciclo de Conferencias ALIMENTACIÓN SAUDABLE - Nutrición deportiva

Penúltima charla do ciclo de conferencias ALIMENTACIÓN SAUDABLE, nesta ocasión en torno ao tema "Nutrición deportiva". A nutricionista Natalia Albino e a dietista Patricia Dios, volveron a exercer de poñentes para o alumnado de Dietética.

Charla Frutífera

Continuamos co Plan Proxecta "Aliméntate ben". Despois de facer unha enquisa sobre os hábitos de consumo de froita do alumnado de 4º ESO e valorar os resultados, as alumnas e alumnos do 2º curso de Dietética, capitaneados pola sua profesora Ana Yáñez, impartiron unha “Charla frutífera” o pasado martes 16 de xaneiro na que salientaron a importancia de realizar unha alimentación equilibrada e variada e os beneficios do consumo habitual de froita na escola. E que mellor xeito de poñer en práctica o aprendido que degustando froita de tempada ao rematar á actividade? Máis fotos en PDF.
Distribuir contido