Departamento Música

O Departamento

   

Benvida e benvido á Web do Departamento de Música. Na mesma poderás informarte de como traballa o noso Departamento e como organiza a materia de Música nos diferentes cursos de ESO e Bacharelato. Tamén ofrecemos información sobre algún dos proxectos levados a cabo durante estes anos, rexistramos novas importantes arredor da música no noso instituto e amosamos materiais e ligazóns de interese para calquera afeccionada ou afeccionado á música.

 

     

PROFESORADO

O Departamento de Música está formado por dous docentes:

Mª Dolores Tapia Silva (2º ESO)

Miguel Pérez Lorenzo (3º ESO)

Elena Lorenzo Berrocal (4º ESO / 1º Bacharelato)

 

AULA

As clases impártense na Aula de Música. Visítaa:

 

           

   
Observa unha primeira vista da nosa aula, que dá á fachada oeste do Centro e desde a que se pode contemplar a Ría de Vigo. Teclado Clavinova, cadea musical con catro altofalantes, ordenador, encerado pautado, canón de proxección con pantalla, cadeiras pa para permitir distintas articulacións do espazo… Ademais de todo isto, un detalle con importancia: a aula está insonorizada, o que permite realizar nela de xeito satisfactorio todo tipo de práctica musical.     A aula conecta directamente co Departamento. É aquí onde temos todo o instrumentario, os libros, e os diferentes soportes audiovisuais. Entremos.     Nesta imaxe podes ver só algúns dos instrumentos aos que o alumnado ten acceso e que son utilizados constantemente durante o curso: carillóns, metalófonos, xilófonos, timbais, pandeiros…. Todos aqueles produtores de son relacionados coa experiencia pedagóxica musical de Carl Orff.     A outra zona do Departamento, aquela reservada ao profesorado e que serve de lugar de preparación de clases, consulta de materiais ou reunión.     A porta do Departamento que dá ao corredor e a que comunica coa clase. Rematou o paseo.

 DOCUMENTOS

Programación Didáctica 2019/20    ARTES ESCÉNICAS

Horario Aula de Música 2019/20

Distribuir contido