Visita ao IES Chapela de alumnado do IES de Mos e do IES Mendiño

A comunidade educativa do IES Chapela estivo encantada de recibir o 13 de abril de 2012 ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato do IES de Mos e do IES Mendiño [Redondela], e agradece o interese dos alumnos e alumnas deses centros polos estudos de FP que aquí ofertamos. Para nós, estas visitas son importantes porque a través delas se establecen redes informativas baseadas en vínculos persoais. Hoxe en día case todo se pode atopar na rede, pero non é o mesmo ler que escoitar, nin recibir información de xeito pasivo, que interactuar.

Fotos en PDF       Valoración da visita