A Banda do Patio - Iogur de Fresa

O pasado venres 2 de marzo tivo lugar no vestíbulo do instituto o debut da Banda do patio interpretando o Iogur de Fresa. Esta actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES, tivo continuidade cun karaoke no que o alumnado que quixo puido cantar o Iogur de Fresa con música en directo. Aquí tes o vídeo da actuación e dos karaokes.