Obradoiro Educación Vial e Prevención de Accidentes

No curso 2009-10 o Departamento de Educación Vial da Policía Local de Vigo iniciou de xeito experimental no IES Chapela o Obradoiro Educación Vial e Prevención de Accidentes en 4º ESO e no Programa de Cualificación Profesional Inicial. Dada a boa acollida da experiencia tanto polo alumnado como polo profesorado, dito obradoiro converteuse xa nunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial deses niveis educativos. Este obradoiro empezouse a impartir noutros institutos de Vigo no curso 2010-11. Os e as axentes que  imparten a formación valoran positivamente a intervención preventiva nun tramo de idade comprendido entre os 15-18 anos, que ata agora non entraba dentro da planificación das actividades do departamento no que traballan.