Excursión a Santiago - 1º Bacharelato

Isabel e Sefi levamos aos nosos respectivos titorandos (1º Bach B e 1º Bach C) a Santiago a visitar, entre outras marabillas, a Facultade de Historia (vendo estancias non aptas para todos os públicos, como o paraninfo, o decanato, a terraza da azotea e o lugar onde gardan os libros dispoñibles só para investigación) e as Cubertas da Catedral. Esperamos que se contaxiasen do ambiente universitario e que lle entrasen unhas enormes ganas de estudar para poder estar alí en 2 aniños e desfrutar das incribles oportunidades que ofrece Santiago.