Curso de capacitación dixital

Dende o IES Pedro Floriani ofértase un curso de capacitación dixital, orientado principalmente a persoas adultas que non teñan un nivel alto en medios dixitais e queiran aprender a darse de alta en aplicacións (Sergas, Ministerio, Xunta...), usar apps para solicitar citas, enviar correos electrónicos, facer documentos, realizar videochamadas, etc. As clases serían os luns e xoves polas tardes durante o mes de outubro e principios de novembro. O prazo de matrícula remata o mércores 4 de outubro. As persoas interesadas poden chamar ao 886 12 04 13.