Intercambio en liña co instituto Rocha Peixoto de Póvoa de Varzim

Neste curso 22-23, e coordinado polo departamento de Inglés, un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO están a levar a cabo un intercambio en liña co Instituto Rocha Peixoto de Póvoa de Varzim (Portugal).

O primeiro encontro produciuse o pasado 1 de Marzo. Neste primeiro contacto, o alumnado presentouse e falou sobre o lugar no que viven, a súa contorna e as suas afeccións. O feito de empregar o inglés como lingua vehicular fóra da aula resultou moi interesante, e en vindeiras reunións charlaremos sobre algún tema maís específico traballado previamente.