A RAG e PuntoGal convocan o VI Concurso de microrrelatos

VI Concurso de microrelatos 

 Aberto durante todo o mes de febreiro o prazo para participar no VI Concurso de microrrelatos que convocan conxuntamente a Real Academia Galega e PuntoGal. Premiaranse os nove mellores relatos de ata 200 palabras que se presenten nas categorías infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e de persoas adultas.

Todos os detalles da convocatoria poden consultarse na páxina web https://relatos.gal/