Club de lectura O Berete lector

 

CLUB DE LECTURA O BERETE LECTOR

 

Este martes 29 de novembro, ás 15:30 horas o club de lectura O berete lector celebrou a súa primeira xuntanza deste curso 2022-23. Nesta ocasión compartimos a lectura da novela xuvenil Corredora da autora lucense María Reimóndez

Alumnado de diversos cursos de ESO e profesorado de distintas materias, intercambiamos impresións sobre as personaxes e a narración da historia; e profundizamos sobre os temas de fondo que trata a novela como a multiculturalidade, as dificultades e as oportunidades na vida, a superación, a situación das mulleres e o machismo na sociedade… 

Nun ambiente distendido, a conversación resultou moi interesante: a través da obra literaria chegamos a una reflexión sobre a nosa vida na actualidade.

Club de lectura O Berete lector
Club de lectura O Berete lector