Visita APSD

O pasado 14 de outubro o alumnado e parte do profesorado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do Réxime Modular fomos ao VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo no MARCO (Museo de Arte Contemporánea). Alí asistimos á presentación dunha aplicación para a detección precoz do Alzheimer (desenvolvida pola empresa Polygon-e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela), unha sesión de curtametraxes arredor da diversidade funcional e a enfermidade mental (nas que participaron diversas entidades do terceiro sector) e a proxección e posterior coloquio arredor da produción "Si Talía fuera ciega" (mediametraxe dirixida por Antonio Gil Aparicio e protagonizada por máis de 100 actrices e actores con diversidade funcional visual de distintas compañías teatrais da ONCE). Con festivais como este comprobamos, unha vez máis, que na arte e no cine, como na vida, cabemos todxs, e que co compromiso e o apoio da sociedade todas as barreiras se poden derrubar.