Deporte, cultura, xogos, actividades...

Non todo vai ser estudar e estar informado, ten que haber tempo para o lecer e para un e unha mesma. Aquí ímosche deixar algunhas cousas que podes facer.

 

1. Exercicio   2. Cociña co IES   3. Cultura   4. Arte    5. Teatro
                 
6. Música    7. Literatura   8. Audiovisual 
   9. Relax     10. Crebacabezas

 

1. EXERCICIO FÍSICO, BAILE, DANZA...

Iniciación ao baile tradicional co mestre Artur Puga. Escoita a súa mensaxe ao IES de Chapela e ségueo en Instagram - @arturpuuga / ou en Facebook - Artur Pastoriza Puga.

   

   

       

Día da Educación Física na casa: Instrucións e cartel da xornada

Plan de adestramento en casa (PDF)

Exercicio para o mes de marzo (PDF)

A oca da condición físicaTela en inglés, castelán e galego... A xogar!

A oca anticoronavirus

Guía Fisioterapia

 

2. A COCIÑA DO IES DE CHAPELA

Pratos ricos e saudables para manternos fortes esta corentena

O alumnado de 2º curso de dietética quere contribuir a axudarvos a seguir unha alimentación acorde a esta situación, unha alimentación equilibrada para poder manter a vosa saúde o mellor posible. Para iso imos propoñervos cada día, un prato fácil de cociñar, cheo de sabor e tamén de nutrientes esenciais que vos manterán fortes. Animádevos a facelo nas vosas casas e mandarnos fotos cos resultados.

Alimentación e coronavirus

Sandra Mª Román, dietista e ex-alumna do CS de Dietética do IES de Chapela, nai dun alumno do noso centro, fai "a súa pequena achega ao tema de alimentación en tempos de coronavirus". Grazas Sandra.

 

3. CULTURA

A movida - Axenda de sofá

Desde a túa casa desfruta de música e espectáculos, día a día nesta páxina tes toda a información. 

Biblioteca dixital mundial

A Biblioteca Dixital Mundial pon a disposición en Internet, de maneira gratuíta e en formato multilingüe importantes materiais fundamentais de culturas de todo o mundo.

Afundación en casa

Emisións en directo, novidades diarias, actualizacións permanentes, recursos educativos e sociais, culturais, de acompañamento telemático e de voluntariado... desde Afundación.

 

4. ARTE

10 Museos para visitar online (PDF con enlaces)

Dez museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online.

 

5. TEATRO

Fan Fan - Teatro online gratuíto para confinados

Os teatros botaron o peche, mais o teatro non morre. Segue vendo obras en casa por internet e gratuítamente.

  

6. MÚSICA

Operavision

Disfruta de grandes producións operísticas de xeito gratuíto.

The Metropolitan Opera

The Metropolitan Opera ofrecerá de balde cada noite mentres dure a crise algunhas das súas mellores producións. As transmisións comezarán ás 00:30 e estarán dispoñibles as seguintes 20 horas.

 

7. LITERATURA

Canle de YouTube de NOGA (Narración oral de Galicia)

Contos para calquera hora do día ou da noite, e para calquera idade. Especiais para velos en familia. Aproveita que tes tempo para que che conten un conto.

Poemas Sesé Mateo - No camiño do vento

Grávate recitando textos ou poemas de Sesé Mateo, a que fora veciña nosa, e súbeo ás túas redes sociais.

Lectura online

Recompilatorio de webs onde podes ler libros online.

GaliciaLe

Espazo para que a cidadanía que non teña carné de biblioteca poida autorrexistrarse e teña acceso ao servizo de préstamo electrónico. Darémoslles un prazo de 30 días desde a fin da corentena para que se acheguen á biblioteca e obter o carné. Se non o fan, deixarán de ter acceso a GaliciaLe.

 

8. AUDIOVISUAL

Documentais TVE

Acceso a documentais gratuítos de Televisión Española.

TED

Acceso a canle de youtube TED, coas súas coñecidas charlas TED talks.

Canle de YouTube con parodias de grandes éxitos en galego

Para rir un pouco cando o ánimo decaia

 

9. RELAX

MINDFULNESS CON OLGA

    Como estamos?
    1. Captura o momento
    2. A vida cotiá
    3. Atención plena

 

10. CREBACABEZAS