Inauguración do grafitti DepoRúarte

O pasado venres 21 de xuño inauguramos o grafitti feito polo alumnado de 1º ESO, dentro do programa DepoRúarte, da Deputación de Pontevedra. Para ese día contamos coa presenza de Digna Rivas, deputada en funcións e alcaldesa de Redondela e coa do artista grafiteiro O Ras. Os alumnos e alumnas, conscientes da situación de contaminación na que se atopan as nosas praias e as nosas augas, e da repercusión que teñen as accións do ser humano sobre a natureza, elexiron como título do proxecto "Coidando o noso mar".

Para a creación deste grafitti o alumnado recibiu unhas sesións formativas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) establecidos pola ONU, temática do programa DepoRúarte 2019. Os traballos no exterior, comezaron o venres 14 de xuño e contaron coa colaboración do grafiteiro o Ras.

Dende o centro queremos agradecer a presenza de Digna Rivas  e as súas palabras, nas que como exalumna do instituto destacou que tanto "a educación en valores como a sustentabilidade e a igualdade están moi presentes neste centro".

Ler a noticia