SAÍDA PARQUE ACUÁTICO

 

Estimadas familias:

 

Dende o ANPA IES Chapela estamos a organizar unha saída ao parque acuático de “AMARANTE” (PORTUGAL) o día 20 de xuño (festivo no concello de Redondela) e por tanto non lectivo no Instituto.

 Poden participar na saída os/as alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e Bacharelato.

 O custo da excursión (viaxe + entrada parque acuático):

 Socios/as                14 €

 Non Socios/as         22,50 €

 

Horario de saída: 9:30 h desde o pavillón de Chapela.

Estaremos de volta sobre as 21:30 h. no mesmo sitio de saída.

IMPORTANTE: Todos/as os/as menores de idade terán que levar unha autorización da policía e o D.N.I.

O autobús conta con 55 prazas e completarase por orde de inscrición.

Para calquera aclaración poden poñerse en contacto co ANPA no correo electrónico anpa.ieschapela@gmail.com ou no número de teléfono 695483551 (Bea).

O prazo para inscribirse finaliza o venres 14 de xuño. De non cubrirse a totalidade das prazas avisarase da suspensión da saída.

 No primeiro recreo do xoves 13 e o venres 14 de xuño recollerase o diñeiro e autorizacións da policía.

 Os/as nenos/as deberán levar crema solar, chanclas, comida e merenda. No parque acuático existe buffet pero os prezos son excesivos.

 Un saúdo

 ANPA IES CHAPELA

 

...................................................................................................................................................

 FICHA DE INSCRICIÓN (entregar na conserxería do Instituto)

NOME E APELIDOS DO/A ALUMNO/A.........................................................................................

NOME E APELIDO PAI/NAI...................................................................................................

Tlfno:....................................................................................................................................