COMUNICADO DO EQUIPO DIRECTIVO RELATIVO Á DOAZÓN DE LIBROS

 

Dende a ANPA IES CHAPELA facemos público o comunicado remitido polo equipo directivo do IES Chapela, que resulta de interese para aquelas familias que non teñen axudas da Consellería para mercar libros: 

"Proximamente imos repartir ao alumnado a nota que se achega para aquelas familias que queiran doar os libros que mercaron. A idea é que eses libros se garden nos departamentos correspondentes para cubrir necesidades de alumnado  que non ten opción ás axudas da Consellería  para mercar libros (fondo libros) os vindeiros cursos.

Por unha banda , aclarar que isto é unha doazón voluntaria das familias , e que nada ten que ver coa obrigatoriedade de devolver os libros que se lle prestaron aos que si teñen axuda  da Consellería de fondo libros.
Por  outra banda, isto é unha doazón, non un intercambio. É dicir, non podemos garantir que unha familia que doe os seus libros este ano o vindeiro curso lle podamos dar libros do centro, pois dependerá das doazóns e das necesidades que haxa."

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
DOAZÓN DE LIBROS.docx170.25 KB