XXIII Maratón Día das Letras Galegas

XXIII Maratón que conmemora o Día das Letras Galegas, celebrarase o xoves, 16 de maio, no CEIP de Laredo e os seus arredores, en Chapela de abaixo. É un proxecto conxunto entre o IES e os CEIPs de Chapela. Desenvólvese en horario de mañán coa participación do alumnado e profesorado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de ordinaria e modular.
 Maratón Letras Galegas
 

Horario:

10:30:  O alumnado baixa camiñando ata o colexio de Laredo, acompañado dos profesores e profesoras.

10:30 - 12:00: Actividades programas no CEIP de Laredo.

12:00:  Saída da carreira. 

13:00:  Entrega de medallas. Ao remate, os alumnos serán acompañados aos autobuses que os esperarán na Alameda de Chapela.

13:15:  Os autobuses recollen ao alumnado na Alameda de Chapela.

Tedes toda a información do percorrido e das actividades organizadas na páxina web do CEIP de Laredo

 

 Para participar debes anotarte na Conserxería, no listado para facer a maratón correndo ou andando ou no listado de voluntarios, se queres colaborar coa organización prestando a túa axuda nos puntos de control.

A partir dos luns 13 de maio poderedes recoller as camisetas, dorsais e demais acreditacións.

 

Non te quedes parad@!

Anímate e participa!