Vivindo o barrio

O alumnado do primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil do réxime ordinario puxeron en marcha a última acción da actividade Vivindo o Barrio.

Nesta ocasión o alumnado, en pequenos grupos, acudiu aos diferentes centros educativos da contorna (CEIP Frián-Teis, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo e CEIP Igrexa) para implementar as actividades deseñadas polos mesmos, na xornada matutina do pasado 10 de abril.

Os diferentes grupos foron acompañados polas alumnas do Máster en Profesorado que cursan as súas prácticas no IES Chapela, máis concretamente no Departamento de Servizos á Comunidade.

Dende o Departamento queremos agradecer a todos os centros educativos de Chapela a súa colaboración, facilitando ao alumnado contextos de actuación próximos ao seu futuro profesional.

Vivindo o barrio 1
 
Vivindo o barrio 2