Goodbye, Alicia!

 

 

Á volta das vacacións xa non teremos á profesora de inglés Alicia Domínguez con nós. Despediuse logo dunha dilatada carreira profesional na docencia, coa que durante 26 anos o IES de Chapela tivo a sorte de contar. Na biblioteca, o lugar onde pasou moitas horas do traballo, foi abordada a traizón polo alumnado, profesorado e persoal non docente do instituto. Alí agasallounos coa súa derradeira clase. Agradeceu a comunidade educativa todo este tempo en Chapela, e ademais do mellor, desexounos sobre todo ter a sorte que tivo ela: elixir estudar e traballar no que quixo. Por último regalounos un consello: “Aproveitade o  tempo que ides estar no instituto, vai ser o mellor tempo que ides pasar na vosa vida. Saberédelo despois. Nunca ides ser tan libres e felices como agora.”

Goodbye! See you, Alicia!