Redondela - Cidade amiga da infancia

    O alcalde do Concello de Redondela, Javier Bas, e a Concelleira de Urbanismo e Servizos Sociais, Mª Carmen Amoedo, acudiron hoxe ao IES Chapela para facer acto de entrega ao alumnado de 1º ESO A, do diploma que recoñece a Concello de Redondela como “Cidade Amiga da Infancia”. O recoñecemento, outorgado por UNICEF, valora o compromiso do noso concello cos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, vixente para o período 2018-2022. O alumnado do IES de Chapela que o ano pasado cursou 4º ESO, e o que actualmente está en 1º ESO A, coa inestimable colaboración da súa titora Mª Isabel Alonso Barros, cooperou para que Redondela conseguise este recoñecemento. A comunidade educativa séntese orgullosa do noso alumnado.