Fallo do I Certame de Poesía - IES Chapela

O 14 de decembro deuse a coñecer o fallo do xurado do I Certame de Poesía - IES Chapela. O xurado, integrado por profesorado do centro, unha representante do persoal non docente e unha alumna, destacou a alta participación no certame. Foron cincuenta e tres os poetas e poetisas que enviaron os seus poemas ao concurso en torno ao tema Segundas oportunidades - Reciclaxe e espiral de vida. Sinalou tamén o xurado a gran calidade das obras entregadas. Textos de ledicia, nostalxia, resistencia, denuncia, esperanza... todo eles emocionantes. Por suposto que a decisión final non foi fácil, mais estes foron os poemas seleccionados:

(Picando sobre eles podes acceder á súa lectura.) 

  1º PREMIO Reviravolta - Raquel López Rodríguez (E. Infantil Modular)
  2º PREMIO Sede de vida - Martina Suárez Muradas (1º Bacharelato)
  3º PREMIO Non á contaminación! - Lola Amoedo Trelles (1º ESO A)     

  Mención especial

Can-Boot - Alejandro Alonso Rodríguez (2º ESO A)

 

    

Os nosos parabéns ás persoas gañadoras, pero sobre todo a todas aquelas e aqueles que participastes envorcando as vosas emocións e sentimentos por escrito. Moitas grazas.