Mannequin challenge polo galego

FOTOS RODAXE MANNEQUIN CHALLENGE

 

Aí van, todo o mundo a prepararse para o mannequin challenge polo galego. 

 

Gabriel e Iván de percusionistas celtistas.

 

Andrea, Julia, Carmen e Sara a cargo das pandeiretas e cunchas.

 

O persoal non docente xunto a un gandeiro que se achegou á rodaxe.

 

Por se non chegaba coa Rosalía do mural, toma máis.

  

 E máis! Viva Rosalía!

  

Esta xente ten sede! Véselle na cara!

   

 

Estas mozas posaron antes de conxelarse nunha escena de baile.

 

Oe! Como vai a banda azul? Non se daban posto de acordo.

 

As profes de castelán e inglés apostando polo galego, todo un exemplo!

 

Aquí conxelar, conxelar, conxelámonos cando nos van sacar unha foto, eh!

 

Este grupo de rapazas lémbranos que a carreira pola lingua do IES Chapela é unha das máis antigas de Galiza.

Nada menos que vinte anos ininterrompidos.

 

Sandra buscando onde queda Chapela.

 

Achegábase o momento!

 

Laura, Icíar e Claudia tampouco se poñían de acordo en como colocar a bandeira galega.

 

Nunca na vida se viron tantos libros de galego xuntos como no noso mannequin.

 

Bravo Paula! Pedazo letreiro!

 

Máis libros de texto de galego! O Departamento de galego non terá queixa!

 

Lucía e Lara, ALA CELTA!

 

Cong Xin é un crack! Aí o vedes, en primeira liña na defensa do galego!

 

Vai chover! E se chove, que chova! - dixo Nuria.

 

Vaia pose colegas! Que arte e que sorrisos!

 

Nunca Javi e Raúl estudaron tanto galego.

Esta foto había que mandarlla a seus pais.

 

As profes de galego aproveitaron para promocionar a figura de Vicente Risco.

Ou están buscando preguntas para o exame?

 

Unha das poucas escenas da rodaxe.

Queremos aclarar que Nuria, a que fai o pino, é profe de ximnasia.

O resto do profesorado non o podemos facer.

 

Afeccionados do C. B. Breogán chegaron desde Lugo para conxelarse con nós!

 

Ollo, a banda azul da bandeira vai do extremo superior esquerdo, ao inferior dereito!

Ollo tamén co veciño que observa a escena desde a estrada!

Conxelouse por solidariedade co IES Chapela!

 

Moitas grazas a todas e a todos por participardes e pola vosa alegría!

Grazas tamén a Belén por facernos de reporteira gráfica no evento!

ADIANTE COA LINGUA GALEGA!!