O xoves 15 de outubro de 2015 tivo lugar no IES Chapela unha conferencia a cargo da Asociación DMD. Acudiron os seus representantes Doctor Luis Montes (Presidente federal da Asociación) e Dona Emilia Irimia Presidenta de DMD Galiza (1ª pola esquerda nas fotografías).
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ieschapela/system/files/IMG-20151015-WA0008.jpg)
|
Os temas tratados foron:
- O marco xurídico do Dereito á "Boa Morte".
- Documentación e rexistro do Testamento Vital.
- A Asociación DMD en Galiza.
|
![](http://www.edu.xunta.gal/centros/ieschapela/system/files/IMG-20151015-WA0007.jpg)
|
A charla estivo organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e presentada pola titora de 1º de Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Belén Nieto (1ª pola dereita na foto).
Alumnado que asistiu:
- Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia: 1º e 2º curso.
- Ciclo Formativo de Grao Superior de Documentación Sanitaria.
|