Blogues

CMC. Tectónica de placas.

En xaneiro de 2012 cumpríuse o centenario das primeiras exposicións públicas de Alfred Wegener respecto da deriva continental. Un par de anos máis tarde publicaría A orixe dos continentes e os océanos, un dos alicerces da moderna teoría da tectónica placas.

 Este vídeo da BBC mostra dunha maneira clara (e espectacular) a dinámica terrestre nas zonas de subducción e nas dorsais oceánicas.

 

CMC. O blog da materia

Se até agora non pasaches por aí, bótalle unha ollada ao blog cooperativo que estades a facer. Paga a pena.

O enderezo é: http://cmc1213.wordpress.com/

CMC. Reanimación cardio pulmonar.

Logo da vaga gótica desta semana imos con cousas máis serias. Como este vídeo de reanimación cardiopulmonar (RCP) a cargo de quen realmente sabe destes asuntos de volver "do outro lado": un grupo de zombies.

 

CMC. 5º Concurso de relatos "Ciencia que conta"

O  grupo DIVULGATIA do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo convoca o 5º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta.

CMC. Contact

Contact é unha película de Robert Zemeckis baseada na novela do mesmo nome de Carl Sagan. A trama encádrase dentro do programa SETI de busca de intelixencia extraterrestre; ao fondo as relacións entre a ciencia e a relixión.

CMC. Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 2012

O Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 2012 foi para dous científicos que traballan nun dos eidos máis apaixoantes da Bioloxía. Son John B.

Distribuir contido