CMC. Reanimación cardio pulmonar.

Logo da vaga gótica desta semana imos con cousas máis serias. Como este vídeo de reanimación cardiopulmonar (RCP) a cargo de quen realmente sabe destes asuntos de volver "do outro lado": un grupo de zombies.

 

E a propósito. Hai alguén que aínda crea que un exército de góticos podería nin tan sequera facer unha pequena e feble sombra a unha peña de colegas Z? En fin. Para empezar un zombie nunca morre (ben, si,  pero unicamente cando lle arrincamos a cabeza tal como ensinan a facer en The Walking Dead); pero é que ademais o modelo básico de zombie, no seu equipamento de serie, vén cun dominio perfecto das técnicas de RCP. Si, si, vale, emprégaas en beneficio propio... pero, quen é perfecto?

O vídeo: The Undeading

E se por unha urxencia precisas saber máis sobre o tema, le este artigo de Hablando de ciencia ou este de Naukas.com.