CMC. Contact

Contact é unha película de Robert Zemeckis baseada na novela do mesmo nome de Carl Sagan. A trama encádrase dentro do programa SETI de busca de intelixencia extraterrestre; ao fondo as relacións entre a ciencia e a relixión.

 A radioastrónoma Ellie Arroway (Jodie Foster) dirixe un programa SETI. Emprega un radiotelescopio baseado no VLA, o radiotelescopio de Novo México (EUA). Despois de moitos meses de recibir e analizar ondas de radio de fóra da Terra, o equipo da doutora Arroway detecta un sinal codificado que polas súas características (secuencia, frecuencia empregada…) non pode ser emitida por unha fonte natural (por exemplo, un púlsar) ou ser un artefacto. As onda recibidas proveñen da estrela Vega.

O sinal descodificado mostra os planos para construír unha máquina, unha máquina capaz de viaxar polo universo atravesando buratos de verme.