blogue deadmin

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1ºBach

Achegamos a continuación o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato, que terán lugar os próximos días 19, 20 e 21 de xuño. 

Datas de referencia da fin de curso en 1ºBach

- Comunicación das cualificacións da convocatoria ordinaria: publicación en abalar o 11 de xuño a partir das 20:00h e entrega de boletíns o 12 de xuño na clase coa súa titora ou no recreo. 

- Solicitude de revisión ante a dirección do centro: 12 e 13 de xuño. 

- Resolución da revisión no centro: 14 de xuño. 

- Reclamación ante a Dirección Territorial, se persistise o desacordo: 17 e 18 de xuño. 

- Exames da convocatoria extraordinaria: 19, 20 e 21 de xuño. Publicarase calendario na web do centro proximamente.

Listaxe alumnado EduMob 2024/2025

Xa está publicada, no taboleiro interior do centro, a listaxe do alumnado seleccionado para participar no programa EduMob durante o curso 2024/2025. 

Datas da convocatoria extraordinaria de 2ºBach e calendario de exames

- Exames da convocatoria extraordinaria: 10, 11 e 12 de xuño. Inclúese calendario máis abaixo.

- Comunicación das cualificacións: publicación en abalar o 13 de xuño a partir das 18:00h e entrega de boletíns o 14 de xuño, ás 12:05h.

- Matrícula para a ABAU (convocatoria extraordinaria): 14 e 17 de xuño.

- Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais: 17 e 18 de xuño.

Participación no programa EduMob

O noso instituto vai solicitar participar no programa EduMob que convoca a Consellería de Educación, un programa de intercambios individuais de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia). A proposta vai dirixida a alumnado que vaia estudar 1ºBach no curso 2024-2025, que curse Francés e que cumpra unha serie de requisitos.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Convócanse as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2024/2025 (procedemento ED330B).

O prazo de presentación de solicitudes é do 21/05/2024 ata o 21/06/2024 (ambos incluídos).

Para consultar toda a información poden acceder á seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Distribuir contido