blogue deadmin

Orde sobre o uso dos móbiles nos centros educativos

O pasado xoves 4 de xaneiro a Consellería de Educación publicou unha Orde sobre uso dos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

Cifras e Letras 2023

Este próximo xoves 21 de decembro teremos un programa de actividades especiais para despedir o ano antes das vacacións do Nadal. Logo de pasar o control de asistencia nas aulas ás 9:30h, celebrarase unha nova edición do Cifras e Letras, un concurso no que participan equipos de alumnado e profesorado resolvendo diferentes probas de palabras e de números. Haberá tamén un obradoiro de papiroflexia, coordinado polas profesoras do departamento de Matemáticas, e teremos un partido de Street basket entre un equipo de profesorado e o equipo de alumnado gañador do torneo.

Street basket 2023

Desde o pasado 11 de decembro e ata o próximo día 20 o patio central do instituto acolle a 3ª edición do torneo Street basket 3x3, coa participación de oito equipos. Logo da primeira fase, que se celebrou a semana pasada, estes días estanse a xogar as semifinais e o día 20 teremos a gran final. Ademais, o xoves 21 o equipo de alumnado gañador do torneo xogará un partido contra un equipo de profesorado. Dentro das actividades inclúese tamén un concurso de triplas.

Plan de formación para a mellora da convivencia

Esta semana celebrouse a primeira sesión dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se vai desenvolver este ano no instituto co obxectivo de reflexionar e poñer en práctica estratexias que melloren a convivencia no centro e contribúan a avanzar na resolución pacífica de conflitos, un traballo que se reflectirá no Plan de Benestar Emocional e Convivencia do centro. O curso, no que participan catorce profesores e profesoras, desenvolverase entre os meses de decembro de 2023 e abril de 2024. 

25N, berramos NON á violencia de xénero

Este sábado celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esta semana estivemos desenvolvendo diferentes actividades destinadas a reflexionar sobre a violencia de xénero, que foron organizadas coordinadamente desde diferentes departamentos (EDLG, Club da Igualdade, Coordinación de Benestar, Lingua Galega, Relixión, titorías de 3ºESO, Vicedirección e Biblioteca).

Volven as sesións do Club da Igualdade

Este próximo luns 30 de outubro, de 15:30 a 16:45, temos a primeira sesión do Club da Igualdade deste curso. Nesta ocasión imos falar, debater e compartir opinións sobre un tema que está moi de actualidade por moitas razóns: "Muller e fútbol".

Distribuir contido