Novas pais/nais

Saída ao MUNCYT

Os días 19 e 20 de decembro os alumnos de 2º de ESO tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de química no MUNCYT (A Coruña).

II CONCURSO LITERARIO "A NOSA BIBLIOTECA"

Co motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que terá lugar o martes 30 de xaneiro de 2018, a Biblioteca do IES do Milladoiro organiza o seu II Concurso literario baixo o título "TEXTOS EN PAZ", dirixido a todo o alumnado de ESO e Bacharelato. Bases neste enlace.

III Olimpíada de convivencia: resultados de novembro

Proxección da película realizada polos nosos alumnos, DE MILLADOIRO A SEIDÓN

O sábado 16 de decembro, no marco do festival Cinema e crianza, será proxectada ás 11:00 na Casa da cultura de Bertamiráns a película De Milladoiro a Seidón, realizada polo alumnado participante no proxecto CINE EN CURSO (2016/2017). Mónica García, a coordinadora deste proxecto, asistirá á proxección para explicar como se desenvolveu esta iniciativa educativa. A entrada é libre e gratuíta.

Conmemoración da Declaración dos Dereitos Humanos

A Biblioteca do IES do Milladoiro celebrou o luns 11 de decembro o 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos cunha lectura plurilingüe deles e a exposición de Amnistía Internacional Os dereitos humanos e a pintura.

Ciencia colaborativa

   Durante o mes de novembro, o alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional (CAAP) participou nun proxecto de ciencia colaborativa de ámbito mundial. O proxecto leva por nome The art of crystallitation e foi deseñado pola Royal Society of Chemistry. Neste enlace pódese acceder a toda a información, ós datos obtidos polo alumnado e a algunhas imaxes da actividade.

Segundo obradoiro de traballo do EPD_Lab con AGARESO

Neste enlace podemos acceder ao resultado da segunda sesión de traballo, que versou sobre o sexismo nos medios de comunicación. O Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento é unha iniciativa da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) na que o IES do Milladoiro participa nun traballo conxunto con outros catro centros galegos.

Charla: Redes sociais e mocidade

A Nova Escola Galega, en colaboración co Concello de Ames, organiza unha charla-debate sobre Redes sociais e mocidade, o mércores 13 de decembro ás 17:30 no IES do Milladoiro.

Concerto do Coro Son Elas

O martes 12 de decembro ás 17: 20 o coro Son Elas actuará para o alumnado de 2º de ESO no salón de actos do IES do Milladoiro.

Exposición: Á violencia de xénero dille NON!

Do 1 ao 18 de decembro poderemos ver, organizada pola Biblioteca do centro, a exposición da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia Á violencia de xénero dille NON! Cun formato de banda deseñada e unhas mensaxes sinxelas e claras, amosa comportamentos discriminatorios presentes nalgunhas  relacións afectivas e sociais e que son un sinal incipiente de violencia machista.

Excursión a Andorra - Reunión informativa

Convocamos ás familias do alumnado que participará na excursión a Andorra a unha reunión informativa o martes 16 de xaneiro de 2018 ás 18:15 no salón de actos do noso centro.

Nela daremos as últimas recomendacións. Recordamos:

7 de decembro, Día do Ensino

Recordamos que a Consellería de Educación estableceu como Día do Ensino para o curso 2017/2018 o 7 de decembro, que polo tanto será día non lectivo (ORDE do 12 de xuño de 2017).

Mesa redonda sobre OS DEBERES ESCOLARES

O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 ás 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade "A educación a debate" organizada polo CAFI  (Centro Autonómico de Formación e Innovación) que ao longo de todo o curso tratará temas de interese para toda a comunidade educativa.

Mes da ciencia en galego na biblioteca do IES do Milladoiro

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Con tal motivo, a biblioteca do IES do Milladoiro ten organizado:

  • Exposición dedicada á figura do docente, botánico e metereólogo Baltasar Merinos. Traballos de investigación do alumnado de ciencias.
  • Exposición no exterior da biblioteca: A pegada e a débeda ecolóxica en Galiza.
  • Mostra e difusión dos fondos científicos recentemente adquiridos.

 

Obradoiro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Diploma PROXECTO DE EXCELENCIA para "O Laboratorio do ClimaDoiro" do IES do Milladoiro

O proxecto O Laboratorio do ClimaDoiro, levado a cabo durante o curso 2016/2017 no noso IES e no que participaron 17 profesoras e profesores e alumnado de todos os cursos da ESO, foi recoñecido como PROXECTO DE EXCELENCIA dentro do programa Meteoescolas do plan Proxecta.

2º ESO: Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar

Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 2º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 28 de novembro a partir das 19:00.    

 

Excursión a GALICIENCIA

O xoves 23 de novembro o alumnado de 4º da ESO interesado acudirá á XI edición de GALICIENCIA no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense).

Charla de Nova Escola Galega: Os xogos e xoguetes en rede

O xoves 23 de novembro, ás 19:00, Carmela Sánchez (Etnoga. Patrimonio cultural) e Paco Veiga (Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional) darán unha charla no Salón de actos do IES do Milladoiro baixo o título De xogos e xoguetes en rede. Primeira base de datos sobre o patrimonio lúdico galego.

25 N: En negro contra as violencias

     O IES do Milladoiro súmase á campaña En negro contra as violencias que busca poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia contra as mulleres en vésperas do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres (25 de novembro).

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar

Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 4º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 21 de novembro a partir das 19:00.

Proxecto AQUA

Neste curso escolar, todo o alumnado de 2º da ESO do IES do Milladoiro participa, desde o Departamento de Física e Química, no proxecto “AQUA” organizado pola fundación Ibercivis en colaboración co FECYT (Fundación Española da Ciencia e da Tecnoloxía).

Concerto didáctico e visita aos tellados da catedral

O alumnado de 2º de ESO acudirá os días 9 e 10 de novembro ao Auditorio de Santiago para escoitar á actriz, escritora e contacontos  Paula Carballeira nunha adaptación da obra de Tolstoi A familia do Vurdalak, acompañada pola banda municipal de música. Despois realizarán unha visita guiada aos tellados da catedral.

Contos africanos en francés

O pasado luns 6 de novembro, no auditorio da Casa da cultura do Milladoiro, o narrador camerunés Samuel Mountoumnjou transportou o alumnado de francés de 3º de ESO ata o continente africano, dando así continuidade a unha tradición ancestral de narracións orais que se transmiten de pais a fillos.

6/11/ 2017 - Detectados casos de piollos.

Detectáronse casos de piollos no Instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.

VII Xornadas Acércate: igualdade e prevención da violencia de xénero Ames 2017

O xoves 16 de novembro terán lugar na Casa da Cultura do Milladoiro as VII  Xornadas Acércate: igualdade e prevención da violencia de xénero.

Programa

SIMBOLOXÍAS DAS CORES DA APLICACIÓN ABALARMÓBIL

O enlace permite acceder a un breve documento onde se aclaran as simboloxías de cores utilizadas na aplicación ABALARMÓBIL.

Magosto 2017

Charlas de NOVA ESCOLA GALEGA no noso centro

  A asociación NOVA ESCOLA GALEGA organiza dúas charlas- debate que se celebrarán no IES do Milladoiro neste mes de novembro, ás 19h:

Escola de familias

Este ano a Escola de pais abarca a toda a comunidade educativa do Milladoiro, grazas á implicación no proxecto da ANPA Milla do IES do Milladoiro e das ANPAS da EI A Galiña Azul Figueiras-Ames, da EI Municipal A Madalena, da EEI Millapeques e Anpa As Brañas ( CEIP Ventín ).

As charlas/talleres empezan en novembro.

Distribuir contido