Contos africanos en francés

O pasado luns 6 de novembro, no auditorio da Casa da cultura do Milladoiro, o narrador camerunés Samuel Mountoumnjou transportou o alumnado de francés de 3º de ESO ata o continente africano, dando así continuidade a unha tradición ancestral de narracións orais que se transmiten de pais a fillos. Varios animais como crocodilos, lebres, asnos e mouchos (ademais dun pai co seu fillo), foron os protagonistas das tres historias, que como nas fábulas de La Fontaine encarnan determinados defectos e virtudes humanas.