Receitas de Lectura

 Dende a MeGaBiblioteca seguimos preoucupándonos pola boa saúde lectora da comunidade educativa coa sexta entrega da serie de "Receitas de Lectura".

Neste mes de maio será o departamento de Francés quen nos prescriba á lectura de "O acontecemento", unha lectura apaixonante, moi intensa, para achegarse a un tempo moi cheo de tabús, cando a muller asumía, ela soa, moitas responsabilidades acompañadas dun forte sentimento de culpabilidade.
"O acontecemento" (L´événement) da escritora francesa Annie Ernaux, premio Nobel de Literatura 2022, é un libriño tan breve como intenso, onde a autora está ben presente, tanto no fondo como na temática e no estilo, tan seu, tan único. A historia que nos conta ten lugar na época dos anos seguintes trala 2ª Guerra Mundial, no París dunha estudiante de Letras chegada do rural da Normandía grisallenta, clasista e opresora de principios dos anos 50 do pasado século. As circunstancias levan á protagonista a verse na necesidade imperiosa de someterse a un aborto clandestino, despois de moitas dúbidas e moito sufrimento, lonxe da casa e no máis absoluto segredo, nunhas condicións límite en más dun sentido.