Depósito do título e matrícula ABAU para alumnado de 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobe todo na convocatoria ordinaria ten que facer obrigatoriamente o depósito do título e, se quere ir a Universidade, a matrícula para a ABAU.

Os trámites administrativos necesarios realizaranse na Secretaría do centro os días 18,19 e 22 de maio de 8:45 a 14:00 horas.

Neste enlace ten información completa sobre as taxas a pagar e a documentación a entregar.