Alumnos de MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

Os alumnos de 2º Bacharelato-A/B do noso centro: Anxo Rey Freire,  Pablo Magariños Docampo e Giovanni Deidda Fittipaldi participarán o xoves 12 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato. Asistirán acompañados polo profesor Augusto Otero

Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte páxina web: http://igfae.usc.es/masterclass/