2º B.A.C.

Olimpíada de Bioloxía 2014

O pasado venres, día 17 de xaneiro de 2014, catro alumnas de 2º de Bacharelato deste centro presentáronse á IX edición da Olimpíada de Bioloxía na súa fase Galega, que se celebrou na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.


Andrea Calviño, Paula Castro, Laura Fernández e Tania Ferradás tiveron ocasión de coñecer a compañeiros doutros centros (107 en total) e confraternizar con eles ao longo de todo ese día, onde ademais das probas, bocatas, comida, visitas aos laboratorios da Facultade e unha conferencia sobre Etoloxía encheron a xornada e deixaron un bo recordo e unha agradable experiencia nestas futuras universitarias.


Para ver algunhas das fotografías que se fixeron cicla no enlace.

Visita a REGANOSA

O pasado mércores, día 7de novembro de 2012,  alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL).   Ver FOTOS da Visita

Visita aos Xulgados de Lalín

Alumnos diante dos Xulgados

Os alumnos de Ética e Filosofía do Dereito asistiron o mércores 23 de marzo a varios xuizos celebrados no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Lalín a fin de coñecer o funcionamento do procedemento xudicial.

VI olimpiada de bioloxía

O pasado día 14 de xaneiro de 2011, desenvolveuse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago a VI edición da Olimpiada de Bioloxía de Galicia. Desde o IES Laxeiro participaron catro alumnas matriculadas na materia de Bioloxía de 2º de bacharelato científico-tecnolóxico: Jennifer Fernández, Carla Riádigos, Irma Riádigos e Janet Rodríguez


Olimpiada de Bioloxía

Visita á exposición: "Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas"

Os alumnos que cursan a materia de Física de 2º de Bacharelato realizaron o venres 21 de xaneiro unha visita á Facultade de Física da Universidade de Santiago para contemplar a exposición “Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas”.

 Alí, nunha visita guiada que durou algo máis dunha hora, profesores da facultade explicaron aos alumnos do IES Laxeiro cales son as principais liñas de investigación que se están desenvolver actualmente para desentrañar os misterios do Cosmos e en cales ten participación directa a Universidade de Santiago, como por exemplo a investigación de raios cósmicos e de neutrinos procedentes do espazo. Tamén visualizaron un vídeo documental sobre un proxecto que se está a desenvolver nun centro detector de raios cósmicos situado na Pampa Arxentina e no que a facultade de Santiago ten participación.

Vaca Films no IES Laxeiro

O vindeiro venres 22 de outubro, Vaca Films, produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Cela 211, vai desenvolver no IES Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes de 2º de bacharelato.

VACA FILMS NO IES LAXEIRO

O vindeiro venres 22 de outubro, VACA FILMS,
produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Celda
211
, vai desenvolver  no IES
Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes
de 2º de bacharelato.

PRAZAS EN CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA ALUMNADO DE CICLOS

Publicada Orde de 3 maio de 2010 que convoca prazas de residencia en Coruña, Ourense e Vigo para aqueles/as que estudien ensinanzas postobrigatorias (ciclos medios e superiores, bacharelato) lonxe do seu domicilio familiar.

En orientación está dispoñibles toda a información: prazos, requisitos dos solicitantes, formularios...

O IES Laxeiro gaña o Parlamento Xove

O IES Laxeiro de Lalín gaña a primeira edición do Parlamento Xove
logo de debater sobre o uso das redes sociais no hemiciclo galego

Video do Telexornal da TVG con entrevistas:

http://www.agalega.info/videos/?emi=9960&corte=2010-04-24&hora=15:00:01&canle=tvg1

 

O IES Laxeiro finalista no Parlamento xove

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro formado por Fátima Mosteiro Meijide (2º BAC A), Marcos Vilas Rodríguez (2º BAC A), Lucía Riádigos González (2º BAC B), Roi Gallego Fernández (2º BAC A), María Calviño Rodríguez (2º BAC B), Yolanda Ogando Gordedo (1º BAC B) e coordinado polo profesor Manuel Igrexas, foi un dos oito equipos de toda Galicia clasificados para a fase final da liga de debate Parlamento xove, organizada pola Dirección Xeral da Xuventude e Voluntariado.

 

A fase final consistirá nunha liga de debate entre os oito equipos finalistas que terá lugar no Parlamento de Galicia o 24 de abril.

Distribuir contido