Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Criterios de selección do alumnado participante en programas de movilidade

Para a selección dos participantes nas mobilidades levadas a cabo dende o IES Isidro Parga Pondal establécense os seguintes criterios coa ponderación correspondente:

  • Expediente académico. Para este apartado terase en conta a calificación obtida nas materias correspondentes ao ciclo académico que da lugar á movilidade. No caso de que as notas non sexan definitivas á hora de seleccionar aos candidatos o profesorado entregará unhas calificacións provisionais que terán validez única e exclusivamente para a selección dos candidatos de cara á movilidade. Será necesario que a media das calificacións sexa superior a 5 para que o alumno sexa elixible para a movilidade, e a puntuación por este apartado será o resultado se restarlle 5 á nota media de todas as materias ponderadas pola súa carga horaria.
  • Coñecemento de idiomas. Para acreditar o coñecemento do idioma no que se realizarán as prácticas será válido calquera certificado oficial de coñecemento de idiomas, puntuando segundo a táboa que aparece a continuación. No caso de que a lingua na que se desenvolverán as prácticas sexa o inglés ou o francés o alumnado poderá acreditar o seu nivel de idiomas mediante un exame nesa lingua realizado polo profesorado especializado, e que terá valor única e exclusivamente para a selección para a movilidade. Se o alumno superou o nivel educativo equivalente á educación secundaria nese idioma considerarase o equivalente a un certificado de nivel C2. Para ser elixible para a movilidade deberá polo menos acreditar a posesión do nivel A2.
    A2 0,5 puntos
    B1 1 puntos
    B2 2 puntos
    C1 3 puntos
    C2 4 puntos
  • Madurez e motivaciónO titor de FCT correspondente, elaborará un informe de cada candidato en colaboración con todos os profesores do alumno. De considerarse oportuno se consultará tamén ó departamento de orientación. En dito informe valorarase: Grao de madurez e autonomía, nivel de responsabilidade, motivación, capacidade de iniciativa e participación activa, Capacidade de organización, de relación e de traballo en equipo, corrección na comunicación verbal e non verbal, e comportamento adecuado á situación. Cada apartado será valorado de 1-10 na ficha de selección do participante, e se obterá unha calificación media.  Será necesario que a media das calificacións sexa superior a 5 para que o alumno sexa elixible para a movilidade, e a puntuación por este apartado será o resultado se restarlle 5 á nota media.

O alumnado seleccionado será o que cumplindo os mínimos especificados en cada apartado obteña unha maior puntuación.

Read this page in English