Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O director do IES Isidro Parga Pondal lembra ás nais/pais e titores/as legais que na matrícula de 1º ou 2º da ESO dos vosos fillos/as tivestes ocasión de elixir un seguro voluntario.

Se estades interesados/as aínda nel, tedes que pasar urxentemente polo centro para pagar a cota de 9.00€ en concepto de seguro escolar voluntario.

Se non estades interesados chamade ao centro (881880371) indicando os nomes dos vosos fillos/as e que non estades interesados no seguro voluntario.


En caso de non ter o seguro voluntario ou de non pagalo, os vosos fillos/as non estarán cubertos por este seguro mentres estean no centro ou fóra del realizando actividades extraescolares.