Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Como todos os anos, un grupo de alumnos/as de ESO do IES Isidro Parga Pondal irá tódos os xoves lectivos comer ao CEIP Fogar acompañados por un docente.

Esta medida está dirixida ao alumnado con necesidades ou falta de tempo para ir e volver desde a casa ao centro os xoves ao mediodía.

O número máximo será de dez alumnas/os.

Os criterios para a elección do alumnado acompañado é:

+ Alumnado con necesidades educativas especiais.

+ Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, nese orde de prioridade.

+ Maior distancia á casa desde o centro.

A petición deberá facerse no centro antes do día 20 de setembro (incluído) dirixida ao Director.

A resolución será publicada no taboleiro e na páxina web do centro antes do 24 de setembro.

O inicio da actividade será o xoves 26 de setembro se as condicións do comedor do colexio son as adecuadas.

Confirmarase o inicio da actividade por páxina web.

O servizo non é de balde e rexerase segundo o DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.