Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A resolución do 28 de febreiro de 2024 permítelle ao alumnado de 4º de ESO e de 2º de bacharelato acreditar as súas competencias dixitais en dous niveis: iniciación e intermedio.

No caso do alumnado de 4º de ESO, a obtención do título suporá a acreditación do nivel de iniciación. O alumnado que o desexe poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Esa acreditación terá unha validez de 5 anos.

No caso do alumnado de 2º Bac. a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. O alumnado poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio, e que terá unha validez de 5 anos.

O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
b) Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

A solicitude para presentarse á proba poderá entregarse no centro ata o día 15 de marzo.

Máis información no texto da resolución e nos ficheiros adxuntos.

 

AdxuntoTamaño
Resolución acreditacións dixitais.pdf239.8 KB
Estrutura do Marco galego de competencias dixitais.pdf10.46 MB