Avisos

CALENDARIO DE PENDENTES 23-24

CALENDARIO DE EXAMES E PROBAS PENDENTES 23 -24.

OS EXAMES TERÁN LUGAR ÁS 16:00 A NON SER QUE SE ESPECIFIQUE O CONTRARIO. EXAMES DE FRANCÉS: 17:00

Calendario de exames finais / probas de avaliacion extraodinaria para o alumnado con PD en ciclos

Os exames finais e as probas de avaliación extraordinaria para o alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nos ciclos formativos celebraranse na semana do 12 ao 16 de xuño. Podedes consultar o calendario aquí

Horarios e información ABAU - Convocatoria ordinaria 2023

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) informou hoxe, 29 de maio, sobre as principais novidades e horarios definitivos da convocatoria ordinaria da ABAU 2023, que se celebrará entre o martes 6 e o xoves 8 de xuño, despois da reunión celebrada o pasado venres de todas as presidencias e secretarías das 35 comisións delegadas.

A principal novidade comunicada céntrase nas diferenzas nos horarios en comparación con edicións anteriores. Neste sentido anunciouse o intercambio do primeiro bloque da tarde entre martes e mércores, e os cambios nos horarios para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Ademais, informouse de que se retoma a detección de frecuencias en todas as aulas das 35 comisións delegadas, ao tempo que se lembra que no caso de detectar copia durante un dos exames das probas implica a anulación total da ABAU.


Pódese consultar o horario completo das probas no seguinte documento ou picando nesta ligazón:

 

Calendario escolar 2023-24

Folga de estudantes - 25 de abril

O alumnado do IES de Chapela, acolléndose ao seu dereito de reunión e tras o acordo alcanzado na Xunta de delegados e delegadas celebrada no centro o 21 de abril, decidiu sumarse á decisión colectiva de non asistencia á clase o día 25 de abril, secundando a folga convocada por Erguer - Estudantes de Galicia baixo o lema "Das aulas ás rúas, pola defensa do noso ensino".

Na seguinte circular informativa pódese consultar toda a información relacionada co procedemento a seguir polo alumnado, tanto aquel que secunde a folga como o que decide asistir con normalidade a clase.

Convocatoria de probas libres de títulos LOE de FP

Xa están convocadas as probas libres de títulos LOE de FP para o curso 2022-23. Tedes aquí o calendario do proceso de admisión nesas probas. Podedes consultar máis información sobre este tema nesta ligazón.

 

Calendario de exames de PD no mes de marzo

Podedes consultar o calendario das probas de avaliación extraordinaria para o alumnado de ciclos con perda do dereito á avaliación continua dos cursos de 2º de ordinario premendo aquí.

Folga de estudantes - 8 de marzo

O alumnado do IES de Chapela, acolléndose ao seu dereito de reunión e tras o acordo alcanzado na Xunta de delegados e delegadas celebrada no centro o 1 de marzo, decidiu sumarse á decisión colectiva de non asistencia á clase o día 8 de marzo, secundando a folga convocada polo Sindicato de Estudantes para "amosar o seu rexeitamento á violencia machista e a necesidade de seguir loitando pola igualdade real entre mulleres e homes".

Na seguinte circular informativa pódese consultar toda a información relacionada co procedemento a seguir polo alumnado, tanto aquel que secunde a folga como o que decide asistir con normalidade a clase.

Folga de estudantes - 27 de outubro

O alumnado do IES de Chapela, acolléndose ao seu dereito de reunión e tras o acordo alcanzado na Xunta de delegados e delegadas celebrada no centro o 18 de outubro, decidiu sumarse á decisión colectiva de non asistencia á clase o próximo 27 de outubro, secundando a folga convocada polo Sindicato de Estudantes para reclamar medidas para "protexer a nosa saúde mental e defender a educación pública".

Na seguinte circular informativa pódese consultar toda a información relacionada co procedemento a seguir polo alumnado, tanto aquel que secunde a folga como o que decide asistir con normalidade a clase.

Distribuir contido