Entroido - 2008

Por fin as fotos do entroido celebrado o día 1 de febreiro de 2008 no IES de Chapela: participantes, colaboradores/as, DJ's, concursantes, premiados/as... Aí van:

 

Os/as asistentes comezan chegar. ¡Vaia pintas, colegas!

 
 

Nin as viúvas quixeron perderse o festival.

 
 

Tamén as lisiadas acudiron ao baile. Iso é ter ganas.

 

¿E estes quen son?

 
 

Uns recén casados achegarónse ao noso centro.

¡É tanta a fama do entroido do instituto!

 
 

Xentes doutros países non deixaron pasar a oportunidade de estar con nós.

 
 

Do ceo e do inferno houbo representación. AnxAs e DemAs.

 
 

Con César preto, non podían faltar Cleopatra e compaña.

 

DJ Carballo e DJ Costas saíronse, uns fenómenos.

 
 

 COMEZA O CONCURSO

 

As autodenominadas coellas non se puñan de acordo coa coreografía.

 
 

As rapeiras fixeron toda unha demostración no seu estilo.

 
 

¿Pero que fan estas nenas no instituto? ¡Veña para a gardería!

 

Estes rapaces bailaron de marabilla, merecían un premio.

 
 

Os/as galegos/as nunca nos trabucamos: ¡vas caer!

 

¡Pero que ben o fixo esta parella de cabareteiras!

 

A Igrexa tamén estivo presente tentanto arañar algún premio. ¡Deus non axudou!

 
 

 OS PREMIOS

 

3º Premio Individuais. O esqueleto marabillou á audiencia polo seu saber estar.

 

2º Premio Individuais. Estas meniñas pequenas sorprenderon co seu movemento.

 

1º Premio Individuais. Sen dúbida a máis guapa e alegre da festa. Moi merecido.

 

3º Premio Comparsas. Sanitaria foi a grande animadora do bailongo.

 

2º Premio Comparsas. Triunfaron con "Don't stop the music" e unha traballada coreografía.

 

1º Premio Comparsas. Ave César, os que van bailar saúdante. ¡IMPRESIONANTE!

 

¡Eu tamén quería un premio! ¡Buaaaah!

 

Non hai máis, ata o próximo ano, que volveremos disfrazarnos.