Curso 2015-2016

Día da Ciencia en Galego

O alumnado de 1º Bacharelato do centro participará o martes 26 de abril nunha videoconferencia no salón de actos do centro. Tratarase dun videotitorial que explica como deseñar e programar un arpa (instrumento musical) usando o programa Scratch 2.0 e o dispositivo Leap Motion.

 O enlace para o evento é o seguinte https://www.youtube.com/watch?v=aeLlOoMV9Mo

 

Obradoiro Colexio de Xornalistas

O xoves 28 de abril o alumnado de 4º ESO do centro participará nun Obradoiro do Colexio de Xornalistas no propio instituto, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega.

Visita á obra de Palacios

O luns 18 de abril o alumnado de Relixión de 2º ESO visitará a obra de Antonio Palacios no Val Miñor, con especial atención ao Templo de Nigrán e á Virxe da Rocha de Baiona. A actividade foi organizada polo departamento de relixión do centro. 

Universidade de Vigo

Representantes da Universidade de Vigo visitarán o noso centro a tarde do mércores 13 de abril, para explicarlles aos alumnos e alumnas de Bacharelato a oferta de graos actual. A visita foi organizada polo Departamento de Orientación do centro.

Charlas da Garda Civil

A semana do 11 ao 15 de abril todo o alumnado da ESO participará nunha serie de charlas coa Garda Civil sobre temas como a violencia de xénero, os riscos na rede, acoso en Internet, drogas... Realizaranse no salón de actos do centro.

Carreira a prol da corresponsabilidade

O alumnado de 3º ESO participará o vindeiro venres 4 de marzo na Carreira a prol da corresponsabilidade, que se celebrará polas rúas de Gondomar para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Distribuir contido