Curso 2015-2016

Exposición e charla no IES Auga da Laxe

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FP.

Convocatoria 2016 Galicia

Acceso a Grao Medio:

-- Inscrición: 4-15 de abril
-- Exame: 25 de mayo

Acceso a Grao Superior:
-- Inscrición: 15-26 de febreiro
-- Exame: 20 de abril

Toda a información en:   http://www.edu.xunta.es/fp/probas

 

Charla sobre a doazón de órganos

O vindeiro xoves 18 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato asisitirán a unha charla cos representantes da Asociación de Donantes y Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI), que explicarán a importancia da doazón de órganos e a súa incidencia na nosa comarca, nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Exención lingua galega

A orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario da Galicia, con relación á exención da matería de lingua galega establece no seu artigo 3 os requisitos para a obtención da exención temporal.

"O alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao sistema educativo de Galicia no 3º ciclo da educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en bacharelato poderá obter unha exención temporal da cualificaión das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de dous cursos escolares consecutivos".

Para solicitar a exención da materia de lingua galega e preciso encher o impreso do arquivo que se achega.

Representación Teatral de "Los Gemelos"

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá do centro, xunto cos compañeiros do IES Terra de Turonio, ofrécelle ao alumnado do primeiro ciclo da ESO a posibilidade de asistir á representación teatral de "Los Gemelos" de Plauto, que terá lugar no Auditorio Lois Tobío de Gongomar o vindeiro luns 1 de Febreiro.

Museo científico

 

O martes 19 de xaneiro do 2016 visitará o noso centro o Museo Científico, co fin de amosar ao alumnado de 1º Bacharelato fenómenos físicos na vida cotiá. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Distribuir contido