Curso 2015-2016

Actividades complementarias

Como todos os cursos, os distintos departamentos programaron unha serie de actividades complementarias previstas para todo o ano. Pódese consultar premendo aquí.

 


 

 

Visita a Enxeñería Técnica Superior de Minas

O alumnado de 1º Bacharelato matriculado en Tecnoloxía Industrial I terá a posibilidade de coñecer a Ecola de Enxeñería Técnica Superior de Minas o vindeiro martes 17 de novembro, nunha visita organizada polo departamento de tecnoloxía do centro.

 


 

 

Aplicación abalarMóbil

 

 

Posta en marcha do abalarMóbil no IES Auga da Laxe.

As familias do noso alumnado xa poden descargar a aplicación abalarMóbil para relacionarse cos titores/as dos seus fillos/as e para recibir información do intituto. Está dispoñible para dispositivos Android no seguinte enlace:

 https://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil  

e na APP Store no link https://itunes.apple.com/es/app/abalarmobil/id660608502.

No seguinte arquivo adxunto poden consultar unha guía básica de funcionamento da aplicación.

 Dende o centro animámosvos a descargala e a utilizala para facilitar a relación co instituto.

Presentación do curso e reunión cos titores

 

O vindeiro Luns 5 de outubro ás 20 h terá lugar a presentación   do curso para as familias no salón de actos do centro. Posteriormente os titores dos grupos da ESO recibirán aos pais e nais do alumnado dos seus grupos.

Para os grupos de bacharelato, a reunión equivalente realizarase o Mércores 7 de outubro ás 20 h.

PRESENTACIÓN CURSO ACADÉMICO 2015-2016

A presentación  do curso terá lugar o martes 15 de setembro ás 11:30 horas.

Os autobuses pasarán polas paradas para que a chegada ao centro sexa ás 11:30 e sairán do instituto ás 13:00horas.

INFORMACIÓN SOBRE O BANCO DE LIBROS DA ANPA

   Para consultar información relacionada  coa devolución dos libros de texto da Anpa do curso 2014-15 ou para  solicitar   os libros do  curso académico 2015-2016 pódese acceder  no seguinte enlace:

Distribuir contido