Skip to Content

Blogues

O ALUMNADO DE 1º ESO C ESTUDA A CALIDADE DA AUGA NO RÍO CORGO

O alumnado de 1ºC da ESO realizou un traballo de campo para analizar a calidade da auga do río Corgo, baixo a dirección da profesora Elvira Cienfuegos. O estudo está integrado dentro do Proxecto Ríos, una iniciativa de educación ambiental e compromiso cidadá coa conservación, protección e mellora dos ríos e humidais.

 

 

O ALUMNADO ASISTE AOS CONCERTOS DIDÁCTICOS NO AUDITORIO DE GALICIA

 

A profesora de música Carmela Cobo acompañou, como cada ano, ao alumnado do IES Arcebisppo Xelmírez II aos Concertos Didácticos programados no Auditorio de Galicia, concebidos e destinados específicamente para un público xoven. Valora estes concertos como accións educativas excepcionais na medida que permiten achegar ao alumnado á música nunhas excelentes condicións de interpretación  producción, utilizando ademáis procedementos didácticos adecuados.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA FILOSOFÍA

 

O Día Mundial da Filosofía celébrase o terceiro xoves do mes de novembro. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa conmemoración no ano 2005. O seu obxectivo é destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara ao xóvenes, e incidir no seu interese na medida en que “estimula o pensamento crítico e independente e é quen de traballar para un mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»

O ALUMNADO DO IES ARCEBISPO XELMÍREZ II PARTICIPA NO OBRADOIRO DI K NON

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S. Arcebispo Xelmírez II participou esta mañán na primeira fase do OBRADOIRO DI K NON para a prevención do consumo de drogas en adolescentes. Este obradoiro, patrocinado pola Fundación Barrié, correu a cargo do personal da Unidade Terapéutica Educativa (UTE) do Centro Penitenciario de Teixeiro.

O IES ARCEBISPO XELMÍREZ II 4º CLASIFICADO NA XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

Un ano máis a aposta do IES Arcebispo Xelmírez II por promocionar o Deporte entre o noso alumnado, coa fin de contribuir ao desenvolvemento dunha xuventude activa e saudable, viuse compensado por un novo galardón no eido deportivo. Na 37 edición da carreira pedestre popular, organizada polo xornal El Correo Gallego, o noso centro acadou un honroso 4º lugar na clasificación. Algúns dos nosos alumnos e alumnas estiveron entre os mellores clasificados.

A alumna Raquel González Tojo, primeira clasificada do centro, recollendo o seu premio.

 

O IES ARCEBISPO XELMÍREZ II 4º CLASIFICADO NA XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

Un ano máis, a aposta do IES Arcebispo Xelmírez II por promover o Deporte entre o noso alumnado, coa fin de contribuir ao desenvolvemento dunha xuventude activa e saudable, se viu compensado polos bos resultados acacdados na 37 edición daCarreira Pedestre Popular de Santiago, organizada polo xornal El Correo Gallego. 

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENCIAS

O alumnado de 4º da ESO participa, dentro do Plan de Acción Titorial, nos obradoiros do Programa ALEIDA que Igaxes 3 desenvolve no Concello de Santiago dende o ano 2009. Durante os meses de novembro e decembro traballarase a Prevención de Drogodependencias. Facer prevención é o obxectivo prioritario deste obradoiros, a fin de contribuir a evitar a inadapatación e o fracaso escolar que pode conducir, no futuro, á exclusión e á conflictividade social.

VISITA DO ALUMNADO DE 1º ESO A Á BIBLIOTECA PÚBLICA ÁNXEL CASAL

 

O coordinador da Biblioteca, Manuel Amor, e o profesor Jorge González acompañaron ao alumnado de 1º ESO A á Biblioteca Pública Ánxel Casal. O obxectivo e proporcionarlle aos nenos e nenas -en moitos casos- un primeiro achegamento á biblioteca, á súa estrutura e ao seu funcionamento. Búscase potencionar as liñas de cooperación entre a Biblioteca Pública e o Centro Escolar coa fin de contribuir á formación de futuros lectores e usuarios dos diferentes servizos que ofrecen as bibliotecas.

Teatro: A TEMPESTADE DE WILLIAM SHAKESPEARE

O alumnado de 2º de Bacharalato asistiu a reprepresentación teatral da obra de William Shakespeare no Salón Teatro. Na organización da saída participaron os Departamentos de Lingua Castelá e Literatura (como ctividade complementaria na materia Literatura Universal) e Lingua Galega e Literatura.  As Profesoras Ana Mosquera e Felicia Estévez, responsables da organización contaron coa colaboración da profesora Concha Moure.

SENDEIRISMO RUTA DO RÍO SANTA LUCÍA 11,3 KM.

Cada inicio de curso, o profesorado responsable das titorías, procura estratexias e recursos diversos para facilitar o achegamento nas relacións do alumnado e a súa integración en cada un dos grupos-aula. Javier Suárez, profesor de Educación Física e  titor de 4º B da ESO, tratou de conseguir este obxectivo a través dunha actividade orientada ao coñecemento da contorna física e natural da cidade a través do sendeirismo.

Máis información en páxina Departamento Educación Física..

 

ROTEIRO BOTÁNICO POLA ALAMEDA DE SANTIAGO

 

Na procura de novos espazos educativos, a profesora Carmen Varela de Bioloxía e Xeoloxía, ofereceu ao alumnado de 2º da ESO un Roteiro Botánico pola Alameda de Compostela. Este espazo recreativo de enorme interese histórico, artístico e ambiental, é o xardín máis antigo da cidade. Ten a súa orixe no século XVI, nun terreos cedidos polo conde de Altamira como zona de esparcimento e recreo. Co paso do tempo , o primitivo xardín palaciego foise enriquecendo cunha flora ornamental de unhas noventa especies diferentes, moitas delas singulares, que se multiplicaron ata formar una masa arbórea e arbustiva de máis de mil cincocentos individuos, algún deles centenarios. O alumnado aprendeu a identificar, admirar, respectar e valorar moitas destas especies, que continuará a estudar nas aulas. (3 e 4 de outubro de 2014)

PROPOSTAS PARA UNHA ECONOMÍA SOSTIBLE ECOLÓXICA E SOCIALMENTE. CONFERENCIA A CARGO DO PROFESOR DA FACULTADE DE FILOSOFÍA DA USC

ALUMNADO 2ª Bacharalato (Historia da Filosofía)

 

OBXECTIVOS HISTORIA DA FILOSOFÍA

 

OB02: Recoñecer as cuestións que ocuparon permanentemente a filosofía ao longo da súa historia e relacionalas con temas traballados en filosofía e cidadanía, utilizando con propiedade os conceptos adquiridos.

OB08: Debater temas de actualidade en relación cos contidos da materia, fundamentando racionalmente a propia postura, recoñecendo as achegas doutras persoas e illando os prexuízos infundados.

OB09: Valorar o coñecemento do pasado como unha achega continua de elementos que contribúen á comprensión do presente e á planificación do porvir.

ENTREVISTA CON JESÚS SANTAMARINA, DIRECTOR DO PROXECTO MARGAL-ULLA

A Unión Europea prorroga o proxecto

Margal-Ulla, para salvar a dúas especies

fluviais ameazadas a nivel global

O proxecto  galego, desenvolvido dentro do marco

Life da Unión Europea pretende crear as condicións

necesarias para a recuperación das poboacións de

Distribuir contido


by Dr. Radut