Skip to Content

O ALUMNADO DE 2ºA E 2ºB DE BACHARELATO PARTICIPOU NUN COLOQUIO POR VIDEOCONFERENCIA SOBRE O FILME "A ESMORGA"

 

 

 

O alumnado de 2º A e 2º B de Bacharelato participou nun coloquio por videoconferencia co Director do filme “A Esmorga”, Ignacio Vilar, e cos actores protagonistas Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”. O filme presentouse no Festival de Cine de Ourense cunha excelente acollida do público e o próximo venres, día 21 estrenarase na salas comerciais de Galicia. A Esmorga,fiel á novela de Blanco Amor e rodada en galego, presentouse hoxe  ante o público máis novo, lector da novela. Os nosos alumnos e alumnas do IES Arcebispo Xelmírez II, participaron no coloquio xunto con outros centros e institucións: os Intitutos de Ensinanza Secundaria Arcebispo Xelmírez I; Armando Cotarelo Valedor, de Vilaxoán; Otero Pedrayo de Ourense; as facultades de Ciencias da Comunicación e Filoloxía e a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

 

 (17/11/2014)



blog | by Dr. Radut