Skip to Content

Blogues

Crêpes "La Marinière"

 

O martes 30 de abril, realizamos a actividade das "crêpes" coa axuda de Jérémie e a súa food truck "La Marinière". Participaron os alumnos de 1º e 4º da ESO e os de 1º de bacharelato. Logo de facerlles unha pequena presentación en francés da Bretaña, Jérémi faloulles dos puntos en común e das diferenzas con respecto a Galicia e explicoulles a receita das "crêpes". Pasaron logo á práctica, facendo de axudantes do chef e clientes para rematar cociñando unha eles mesmos. A activide resultou moi amena para os rapaces que disfrutaron moito e degustaron as auténticas "crêpes" bretonas.

 

Convocatoria asemblea xeral anpa - 14 de decembro 2023

Pola presente, convócanse todas as persoas socias da Anpa do IES Xelmírez II a unha Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará o xoves, día 14 de decembro, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda (hora previsible de comezo), na Biblioteca do IES Xelmírez II, para tratar a seguinte:

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Informe do curso 2022-2023.

3.- Estado de contas do curso 2022-2023.

4.- Informe do traballo de comezo do curso 2023-2024.

5.- Orzamento e previsión de actividades para este curso 2023-2024.

6.- Cota para o curso 2024-2025.

7.- Incorporación e baixas de novos membros da Xunta Directiva.

8.- Rolda aberta de intervencións.

 

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

O Presidente

 Asdo. Eduardo Moscoso Mato

 

A TODAS AS PERSOAS SOCIAS DA ANPA DO IES XELMÍREZ II

ACTIVIDADE LÚDICA

Xov, 02/11/2023 

Contacontos amenizado polo profesor de idiomas e narrador camerunés Samuel Mountoumnjou. Actividade pensada para fomentar a comunicación oral en francés, a escoita activa e a participación dos alumnos.

Todo un éxito!


Avisos e informacións sobre taquillas

Prezadas familias:

A partir de mañá, xoves 5 de setembro, as taquillas estarán colocadas en novos lugares. para adaptarse á nova disposición das aulas deste ano, e para dispor de suficientes armarios libres no corredor do alumnado de 1º de ESO.

Prema aquí para ver os planos de colocación dos armarios e poder saber onde se atopa a súa taquilla. Os cadrados azuis, cos seus números correspondentes, marcan os lugares en que se atopan.

Despois de comprobar onde está agora a taquilla da/o alumna/o, quen a teña lonxe da súa clase e queira cambiar de taquilla, a partir do día 9 de outubro, deberá meter a chave nun sobre (pode pedírselle un sobre ás conserxes), poñer no sobre “cambio taquilla”, o nome da/o alumna/o e o número de taquilla, e depositar o sobre no buzón da anpa, que está enfronte da conserxería. Non é preciso que se indique onde se quere a nova taquilla, porque xa nós miramos en que clase está esa/e alumna/o e xa buscamos unha taquilla próxima.

Despois duns días, as conserxes ou o profesorado entregaranlles unha nova chave ás persoas que deixaron a chave da antiga taquilla no buzón.

Tamén a partir do próximo luns, día 9 de outubro, iranse entregando progresivamente as chaves das taquillas ás persoas que a solicitaron por primeira vez. A entrega será feita na aula por parte das conserxes ou do profesorado e será o máis rápida posible.

Atraso na entrega e cambio de chaves de taquillas:

Prezadas familias:

Queremos anunciarvos que, aínda que informaramos a finais de xuño de que iamos comezar a entregar chaves de taquillas nesta semana, isto non foi posible por causas alleas á nosa vontade e que explicamos a continuación.

Como sabedes, solicitamos das familias socias que fixeran o trámite de solicitude de taquilla antes de comezo de setembro para, desta forma, poder dispor dos datos a comezo de curso e organizar todo o proceso. A pesar desta petición, a día 26 de setembro o proceso de solicitude de taquillas atópase na seguinte situación:

- Hai feitas 152 peticións de taquillas. 50 desas peticións foron entregadas no mes setembro (fóra do prazo establecido), polo que as contas e cálculos feitos a principio de mes non serviron para nada.

- 65 estudantes (que continúan no centro) non entregaron a chave da taquilla que usaban o ano pasado nin fixeron o trámite de solicitude deste ano. Isto supón case un terzo das persoas usuarias de taquillas. Obviamente precisamos saber cantas destas van quedar libres para poder ofrecer ás persoas solicitantes, e para coñecer o número de taquillas (cando menos aproximado) que precisamos en cada lugar.

- Estamos en proceso de cambiar a pechadura de 28 taquillas de persoas que abandonaron o centro sen devolver a chave da taquilla.

- Só devolveron a chave 20 persoas que non van usar a taquilla este ano ou abandonaron o centro.

Obsérvase, xa que logo, unha maioritaria irresponsabilidade que se traduce en que máis do 60% do alumnado non devolve a chave da taquilla cando abandona o centro ou deixa de usala.

Antes de proceder á entrega de taquilla é preciso calcular o número de taquillas que debemos colocar cerca da cada unha das aulas, o cal require que o centro nos informe da aula en que terá clase cada unha da persoas que solicitan taquilla, proceso que xa temos completado. Aínda así, o feito de que un terzo de usuarios de usuarios de taquillas non informaran de se van usala este ano (nin devolveron chave nin solicitaron taquilla) impídenos poder ter datos aproximados de cantas taquillas se precisan en cada lugar (e mesmo se precisamos adquirir máis taquillas), co cal non podemos continuar co proceso con seguridade.

Por este motivo, rogamos ás persoas que usaron taquilla o ano pasado e non devolveron a chave que:

a) Se queren seguir usando a taquilla este ano, realicen inmediatamente o trámite de facerse socia da anpa e solicitar taquilla, tal como se explica na web do centro (sección Familias-Anpa).

b) Se non queren facer uso da taquilla, devolvan a chave, meténdoa nun sobre (co nome e número de taquilla por fóra) e depositándoa no buzón da anpa que está enfronte da conserxaría.

En todo caso, a partir do día 5 de outubro procederemos a cambiar a pechadura das taquillas que non foron reservadas para este ano e que así poidan ser usadas polas persoas que as solicitaron, para así poder completar o proceso de entrega de chaves. O material que estea dentro da taquilla será gardado ata que sexa solicitado pola persoa propietaria.

É importante que todos entendamos que a anpa non ten infinitas taquillas (só unha cantidade algo superior ás que habitualmente se solicitan) e que, para que novas persoas poidan usalas, é preciso que as que deixan de usalas nolo digan e entreguen a chave. Apelamos á responsabilidade de todas as familias para que se poida ofrecer un servizo axeitado, o cal é imposible nas circunstancias actuais.

Para nós resulta frustrante dedicar horas e horas a manter o servizo de taquillas, cando vemos que unha grande cantidade de familias nin se molestan en dedicar 10 minutos a facer o trámite de solicitude de taquilla ou, non seu defecto, a devolver a chave.

A isto hai que engadir que nos resulta moi incómodo e inxusto estar recibindo queixas (en moitos casos con mensaxes moi maleducadas e fóra de lugar) por non levar a cabo a entrega de chaves con máis rapidez, cando isto é causado pola irresponsabilidade dunha elevada cantidade de familias que actúan de forma insolidaria.

Obviamente, na asemblea que se celebrará antes de finais de decembro, trataremos esta problemática e valoraremos a posibilidade de deixar de ofrecer o servizo de taquillas, debido á imposibilidade de ofrecer un bo servizo a causa do aumento de falta de colaboración e de responsabilidade.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA curso 2021-22

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA curso 2021-22

Club de lectura

A xente dos clubs de lectura disfruta dunha adaptación do Manga nos cines As Cancelas. De 1º de ESO a 1º de Bacharelato convivindo.

 

O encéfalo humano

O día 7 de febreiro visitounos a profesora titular da Universidade de Santiago Jannette Rodríguez Pallares,  realizou cos alumnos do STEM bach a actividade teórico -práctica : O encéfalo humano na saúde e na enfermidade.

Jannette e o seu equipo busca estratexias terapéuticas para a enfermidade de Parkinson. Falou cos nosos alumnos sobre esta enfermidade, o que se sabe dela e as liñas de investigacións nas que ela e o seu equio está a traballar. O alumnos puideron observar ao microscopio mostras de roedores con lesións da enfermidade de Parkinson.

 O encéfalo humano

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

PLAN DE TRANSPORTE

Plan de Transporte 2017-18

1º Premio do concurso municipal "A auga e as árbores" para Amparo Giménez Hernández, de 1ºESO B

Amparo Giménez Hernández, alumna de 1º de ESO foi a gañadora do primeiro premio do concurso “A auga e as árbores “, polo seu traballo “Outono”. O concurso foi organizado polo Concello de Santiago, con motivo da conmemoración do “Día da árbore e a auga”. O debuxo de Amparo ilustrou as dos escolares que participaron na plantación de cerca de trescentos árbores no parque Avilés de Taramancos, en As Cancelas.

 

A nosa alumna Beza Vaamonde Balado, de 3ºB, foi agasallada co 4º premio. Felicidades ás dúas!

Conmemoración no Xelmírez II, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

Porque:

 

o   A violencia contra a muller é unha violacióos dereitos humanos.

 

SEGUNDA SESIÓN DO OBRADOIRO Di K Non NA UTE DE TEIXEIRO

 

A segunda sesión do Obradoiro de prevención de drogodependencia Di K Non, realizouse na UTE do centro Penitenciario de Teixeiro. Alí se desplazaron 32 alumnos, seleccionados por sorteo, acompañados pola orientadora Cruz Présas e profesores do centro. Nesta sesión  os membros da comunidade educativa, situáronse nun contexto de privación de liberdade para comprender as consecuencias do consumo  e/ou uso de drogas. Algunhas destas sustancias adictivas(alcol, tabaco...), non están moi alonxadas dos entornos do alumnado e esa familiaridade dificulta o exercicio da capacidade de reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables.

O ALUMNADO DE 1ºESO C ESTUDA A CALIDADE DA AUGA NO RÍO CORGO

 

O alumnado de 1ºC da ESO realizou un traballo de campo para analizar a calidade da auga do río Corgo, baixo a dirección da profesora Elvira Cienfuegos. O estudo está integrado dentro do Proxecto Ríos, una iniciativa de educación ambiental e compromiso cidadá coa conservación, protección e mellora dos ríos e humidais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut