Skip to Content

O ALUMNADO DO IES ARCEBISPO XELMÍREZ II PARTICIPA NO OBRADOIRO DI K NON

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO do I.E.S. Arcebispo Xelmírez II participou esta mañán na primeira fase do OBRADOIRO DI K NON para a prevención do consumo de drogas en adolescentes. Este obradoiro, patrocinado pola Fundación Barrié, correu a cargo do personal da Unidade Terapéutica Educativa (UTE) do Centro Penitenciario de Teixeiro.

 Na actividade colaboraron algúns internos, que comezaron a delinquir na idade que agora teñen os alumnos e alumnas aos que se dirixen, como consecuencia da súa adicción ás drogas. Despois dun proceso de rehabilitación queren transmitir a súa experiencia e proporcionarlles información aos adolescentes para sensibilizalos e facilitarlles instrumentos para evitar situacións de risco para o consumo.

A segunda sesión do obradoiro vaise desenvolver o vindeiro martes día 25 de novembro, na Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, onde acudirán 32 alumnos e alumnas acompañados de profesorado do instituto.



blog | by Dr. Radut