Skip to Content

Club de ciencia Blog

Clausura do programa Brigada Verde

O noso equipo de Brigada Verde estivo desenvolvendo tarefas de coidado do centro desde o comezo do curso: crearon un Punto Limpo, xestionaron o reparto de papeliras plástico/papel a todas as aulas (papeleiras feitas nas aulas de Tecno), colaboraron na limpeza e mantemento dos espazos verdes, crearon un decálogo de medidas de aforro enerxético e deron vida ó noso clásico domo-invernadoiro: colleitamos cabazas, amorodos e tomates!!

Para celebralo, o 21 de maio fomos pasar 3 días ás Cíes e foi unha experiencia de convivencia marabillosa que rematou cunha observación única do MAR DE ARDORA!!

Aquí vos deixamos un vídeo feito polo propio alumnado de 1º_Brigada Verde que dá conta de todas as actividades. 

Para o ano máis!

Clausura Proxecto Micromundo. Equipo CdC 4°ESO

O martes 20 de xuño o equipo CdC 4°ESO asistiu á clausura do proxecto Micromundo no pazo de Fonseca en Santiago. Despois de asistir a unha charla de expertos no tema da resistencia a antibióticos recolleron os diplomas de participación por 2° ano consecutivo  e que lles abre o camiño no mundo da investigación o cal agradeceron a oportunidade que se lles dou. 

Clausura do CdC 22/23

Clausuramos o CdC deste curso o 5 de xuño, o #DíaMundialDoMedioAmbiente cunha charla do xeólogo da UdC @ArmandHernández. A conferencia ofreceuse ós 4°s e tiña por título “Viaxe a través da historia do clima da Terra: coñecer o pasado para entender o presente”. Unha forma moi didáctica de comprender historia da Terra e a natureza do #CambioClimático a partir de sedimentos, aneis das árbores, corais, estalactitas ou mostras de xeo.

Charla residuos. Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados. Equipo CdC

O 17 de maio, día Internacional da Reciclaxe, a técnico de Medio ambiente do Concello, Carme Saavedra dounos unha charla ó alumnado do Club de Ciencia sobre a nova Lei 6/2021 de Residuos e solos contaminados que no 2023 ten que cumplirse obrigatoriamente a nivel local. Coñecementos que aproveitamos para facer unha mellora na clasificación dos residuos e contedores específicos para cada un.

Mapa dixital radon. Equipo CdC 2°

Seguimos por 5º ano consecutivo recollendo datos da medición de gas radon nas vivendas do alumnado e veciños do concello. O equipo CdC de 2º ESO está prestando os medidores 7 días e recollen os datos que levan a unha táboa de excell e a un mapa físico. Este ano comenzamos a elaborar un mapa dixital con cuadrículas de cores en función dos datos recollidos.

 

Cultivo microalgas no laboratorio. Equipo CdC 4°

O luns 24 de abril 2 alumn@s do equipo CdC 4º Iago e Cristian apuntáronse a unha visita ó IGAFA para a actividade de “Cultivo de microalgas”, na Illa de Arousa para recoller as cepas, tomar anotacións e expoñer o método de cultivo ós seus compañeiros do equipo. Os seus guías nas prácticas foi o alumnado do ciclo medio (1º ano), do módulo de “Cultivos auxiliares”. O obxectivo é o manexo no cultivo de microalgas no noso laboratorio e a súa aplicación experimental para mellorar e fortalecer o chan do noso horto escolar, incrementando o rendemento e a calidade das colleitas.

O alumnado pretende dar solucións e presentar esta alternativa sostible e libre de residuos químicos non só no chan donde se aplican senón tamén nos alimentos que se xeran a partir do seu uso.

De aí que fabricamos o noso propio biofertilizante a base de microalgas que nos axudan a eliminar o CO2 e para que as plantas do noso horto ecolóxico (levado adiante polo equipo de Brigada verde de 1º ESO) crezan fortes e sanas de forma natural aportándolle alta cantidade de macro e micronutrientes.

Procedemento de cultivo:

Distribuir contido


by Dr. Radut