Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

Blog Tecno

Blog Tecno

A colaboración de Tecno no Contrato-Programa Mundiapicola 2018/19

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CO MUNDIAPICULA

Neste curso 2018/19 está a desenvolverse un Contrato-Programa para mellorar a competencia matemática, manipulativa e lingüística do alumnado. Partindo do EDL creouse un proxecto STE(A)M multidisciplinar no que participamos co obxectivo de fomentar a creatividade e a investigación e reflexionar sobre a transformación de costumes ancestrais.


Participación 

V COMPETICIÓN DE ROBOTS EEI VIGO

Hoxe o alumnado de 3º e 4º ESO de Tecno acercámonos á Universidade, participando na V competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Aprendemos, xogamos e disfrutamos.

A Casiña dos Maios na 4ª #STEMDiscoveryWeek

O IESP A Cachada está participando en Bruxelas na 4ª #STEMDiscoveryWeek e estamos presentando o noso proxecto A Casiña dos Maios como boa práctica STEM.

 

 

Participamos na 1ª STEM Discovery Week

Dentro da nosa participación do Erasmus "Profesorado competente desde a perspectiva STEM" que o CAFI organiza, asistimos á 1ª STEM Discovery Week que organiza a European Schoolnet, organismo que congrega a todas as institucións europeas que traballan con estratexias STEM.

Nesta semana bota a andar un portal onde poden atoparse todos os centros educativos con STEM label, selo que o IESP A Cachada obtén a través da nosa participación no programa.

Se queredes ver os contidos que estamos a traballar, seguídenos no Blog Erasmus STEM.

Bota a andar a 2ª andaina do CdC: Casiña dos Maios 2

 

Este é o segundo curso de traballo no noso Club de Ciencia, no que como sabedes estamos facendo unha investigación sobre a Bioconstrución. Trátase dun proxecto STEM no que resulta fundamental un tratamento desde a óptica do Método Científico, o que implica seguir os pasos:

O noso centro no proxecto Erasmus STEM

No noso instituto hai xa varios anos que se traballa baixo a filosofía de proxectos integradores de ciencia e tecnoloxía, incluíndo neles a lingua galega, o que para nós é fundamental na normalización da mesma. Se algo temos claro é que a participación neste tipo de proxectos involucra ós estudantes enormemente, xa que os motiva ó propoñerlles problemas auténticos, traballo de equipo, e construción de solucións reais e tanxibles.

Temos dous proxectos fundamentais nesa liña de traballo, dos que podedes atopar información nas respectivas pestanas da nosa web:

  • O proxecto STARgal, que nace no curso 2016, é unha mostra de videoxogos e traballos audiovisuais nos que se tratan temáticas de corte cultural desde unha óptica científica e tecnolóxica: videoxogos programados con Scratch, robots que desenvolven retos baseados e obras da nosa literatura, estruturas a escala humana nas que se experimentan sensacións de realidade virtual...
  • O Club de Ciencia formouse o curso pasado e con el deseñamos e creamos un módulo de bioconstrución para demostrar que as condicións de habitabilidade dunha vivenda elaborada con adobe e madeira eran mellores que as dunha vivenda de formigón. No curso actual continuamos cos traballos de investigación, desenvolvendo subproxectos de meteoroloxía, construción, investigación de radón, sensorización con Arduino...

Do que se trata é de provocar procesos de investigación científica para a aprendizaxe conxunta de novos conceptos de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía dentro dun proceso práctico de deseño e resolución de problemas, tal e como se fai en Enxeñería no mundo real. E sempre en lingua galega, a gran mal parada nos deseños curriculares actuais, como se o futuro houbese de escribirse necesariamente en inglés e español.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut