Skip to Content

Club de ciencia Blog

Equipo 2º ESO. Club de retos

Este martes dende o club de ciencia levamos a cabo dous grandes retos co alumnado de 2º ESO. O primeiro reto, para comprobar como un cambio de presión fai que o ovo entre nunha botella, chegando á conclusión de que o bico da mesma era demasiado pequeno pero a presión fixo, sen dúbida, o seu traballo. E o segundo reto era… facer que a botella se valeirase en cinco segundos ou menos. Conseguimos 4,84 segundos forzando un pequeno tornado. Non estivo nada mal.

 

Equipo 1º-2º ESO- PLANTACIÓN DE FRONDOSAS

Outra estratexia de xestión medioambiental por parte dos equipos de Brigada Verde 1º ESO e de Club de Ciencia 2º ESO, ante a perda de grandes masas forestais vitais para a absorción de CO2, xeración de O2  e a loita contra o cambio climático, plantaron 100 árbores frondosas: castiñeiros e carballo americano no monte A Pedreira, detrás do campo de fútbol de Barraña, en colaboración co Concello de Boiro,  co obxectivo de evitar a perda de ecosistemas e frear o deterioro do planeta. Son árbores que poden vivir en terreos pobres de nutrientes e son de baixo mantemento por iso se elixiron estas especies. 

Trampas caseiras para a velutina.Equipo CdC 2° ESO

Explicamos varios tipos de trampas para a captura da avispa asiática para que o alumnado elixira a que máis lle gustara, dando instruccións para a súa construción a partir de botellas recicladas de plástico e como deben utilizarse para que sexan efectivas contra este insecto invasor. Trampas que se colocarán agora nos meses de abril e maio para capturar as raíñas das avispas velutinas antes de que formen o seu niño e evitar futuras colonias. Colgaranse nos arbustos e árbores con flor (azaleas e camelias) co líquido para atraelas que se renovará cada 15 días. Tamén colaboraremos co Concello e SEAGA (empresa pública de Servizos  Agrarios Galegos S.A.) para localizar puntos estratéxicos para o trampeo de velutina nas proximidades do río Breiro e no parque da Cachada e a súa posterior colocación das trampas. Estudo que levará un reconto destes exemplares atrapados.

Despois de 15 días, no parque da Cachada a 18 de abril en 16 trampas, atrapamos 152 velutinas e colocamos novo caldo. Coa retirada das trampas a finais de maio atrapamos 62 exemplares máis. 

 

 

 

Curso de primeiros auxilios. Equipo CdC 2° ESO

O equipo CdC de 2° ESO recibiu un curso de primeiros auxilios do voluntario da Cruz Vermella de Boiro, Manuel García, que lle proporcionou dotalos de coñecementos, técnicas, habilidades e destrezas necesarias en caso de emerxencia: Protocolo PAS, Protocolo AVA, posición lateral de seguridade (PLS), obstrucción da vía aérea por un corpo estraño (OVACE), reanimación cardio pulmonar (RCP), traumatismos, hemorraxias e queimaduras para atender de maneira inmediata a unha persoa ferida antes da asistencia médica profesional.

 

Proxecto de investigación Monte Beta. Equipo CdC 3º-4º ESO

Un dos grupos do Club de Ciencia, Equipo CdC 3º-4º ESO formado por 10 alumnos: Iago, Cristian, Óscar, Héctor, César, Pablo, Manuel, Antón, Cristian, Rubén e 2 alumnas: Gabriela e Carla, acaban de comenzar un proxecto de investigación, nunca antes realizado no Concello de Boiro.

Equipo CdC 3º- 4º ESO. Medición da calidade da auga

 Para conmemorar o día Mundial da auga (22 marzo), o Equipo CdC 3º- 4º ESO fixeron de monitores para o alumnado de 2º nunha práctica de análise da calidade da auga de mar (praia Barraña), río e estuario (río Coroño) no noso laboratorio de Física e Química.

Distribuir contido


by Dr. Radut