Skip to Content

Plurilingüismo

Resultado de imaxes para centros plurilingües galicia

No IESP A Cachada apostamos por reforzar a competencia en lingua estranxeira, e por isto temos seccións bilingües en Plástica (en lingua francesa) desde o curso 2010 e en Tecnoloxía e Educación Física desde o curso 2014.

 

Na actualidade, o noso centro ten oferta plurilingüe en inglés nos tres primeiros cursos:

  • Proxecto Boiro, a materia de 1ºESO, ten un currículo enfocado nos procesos de investigación e exposición de información. A través desta materia, dunha hora semanal, o alumnado aprende a escolmar información sobre un tema (relacionado coa cultura, natureza e historia de Boiro) e plasmala en diferentes formatos: arquivo online Drive, folleto publicitario, post en webs ou redes sociais, etc. 
  • Educación Física, a materia de 2ºESO, materia ordinaria con metodoloxía CLIL.
  • Tecnoloxía, a materia de 3ºESO, materia ordinaria con metodoloxía CLIL. A parte dos típicos proxectos de taller, na Tecnoloxía Plurilingüe fanse presentacións con croma, artigos para a web, etc.


page | by Dr. Radut